MÁIS CANTOS é unha agrupación musical profundamente ligada á musicoterapia social e ao envellecemento activo. Nacemos co obxectivo de empregar os cantos populares, tradicionais e de taberna como ferramenta para promover o benestar emocional, combater a soidade non desexada e favorecer unha vida activa e plena nas persoas maiores.
Baixo a dirección de Nelson Quinteiro, realizamos sesións semanais e organizamos, de cando en vez, festas, foliadas, romarías e encontros para celebrar o ciclo festivo do ano e compartir música, comunidade e tradición.